mércores, 28 de novembro de 2012

cheos.

non sei moi ben quen escribe
quen o esta facendo
que parte do que escribe esta a marxe
de noite pode ser que faga frío
en todas partes menos no carallo
aquí non hai mentiras
e quen as sementa non obtén beneficio
a soidade cheira a fotografía amofada
onde se pode ver a un neno
dándolle de comer flores aos porcos
e paseando pola súa perna unha lesma
non hai solidariedade posíbel
mentres a igrexa saque beneficio
da pobreza da nostalxia da fatalidade    
non vai mal! aquí  no carallo
non nos serve de moito pero
sábese o que en calquera outro sitio non se sabe
estamos cheos de sinceras promesas
e do prometedor futuro dos nosos bicos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

E perdín razóns para morar nun val de verbas demasiado humanas.
Gustei de medrar nos problemas e na abrupta raiz-ame
Ame, ame, ame, vosté.

E perdín razóns para...tornar nun tempo de fumos e escarnios.
Gustei de medrar nos axiomas e na lediciosa... pre-misa.
OH!

Efe.To. :)



Anónimo dixo...

Pois non vai mal aquí no carallo e aínda máis podes mandar todo o carallo. Que carallo pasa. Isto é un carallo. Que carallo. E co carallo podes quedar ben ou se queres tamén mal. Ou non quedas. Total que carallo. Moi bo e atinado Leirachá coma sempre.
Manda CARALLO!!!!.