luns, 12 de novembro de 2012

imos!.


para facernos erguérmonos cedo
cheos dunha estraña paz interior
para acadar todo o plenodía
liberarte desinteresadamente sen astucia
como viaxar dende aquí sen moverse
por cada momento súbito da paciencia
a escrupulosidade de tódolos movementos
espiados por un
e de toda a hostilidade que xera
que mala sorte!
non se trata de comprender
tratase de refacer de facerse amar
para vivir en igualdade
de anular aos mediocres
xa non se loita se sacrifican os soños
as esperanzas
todo aquilo que pon en perigo
“a felicidade dos outros”
non se pensa no que non se ten.

1 comentario:

UN. dixo...

Destes daba eu uns cantos así tan ben posto para facerse amar e vivir en igualdade. Moi bo.
Apertas.