luns, 10 de decembro de 2012

destro.


temos unhas mans que levan
ollos na palma
e os dedos rematan en ideas
non esculpen se non é preciosismo
estruturas acertadas
arquitecturas imaxinadas
entre unha grande euforia
frecuentando do divino  o máis humano
así de sincero como o ritmo dun verso
cicelado esculpido pola man tamén
antes de estenderse nesta folla
e ser lido para procurar todo este silencio
…………………………………………………………
…………………………………………………………

temos unhas mans perigosas
a punto de ser presas
unhas mans condenadas a agocharse
no peto non por frío senón por medo
a un fracaso ditado polos que lles interesa
unhas mans rotas a pesares de feitas
temos unhas mans tan grandes
coma toda a honra sen usar

non por que non se queira.

 

1 comentario:

Anónimo dixo...

Veras estou por dicir que isto é único e indescritible . este blog múchacho e mellor cun refresco ben frío un día maldito de calor á outra beira do Oeste. Salpica paixón como dicilo desfase nos ollos e quedas como din en Cuba, “guacarnaco” que é unha linda maneira de dicirte a un mesmo o mesmo. Que eu non vou dicilo
O caso que es cojonudo e a ver si nos coñecemos un día . mándoche un Emilio.