domingo, 1 de abril de 2012

primavera.


hai musica nela e peixes nadando
enriba das follas perennes
o salitre pousado na pel
para levalo á boca e
ir chuchando aos poucos
tecer catro letras coas pólas das árbores
que saen no medio do salón
ou irse ao ceo un instante
e deixar este mundo
de efectos dramáticos
e despois de volta amosando as chaves
preguntarte a cal deles queres ir
os ceos son azuis
coma as princesas azuis todo o ano
ninguén debe dubidar ao respecto
que as alfombras voan
e que os paxaros poden vivir
nalgúns vestidos bordados
ou que o tellado da casa é un verso
“o meu único desexo”
é que baixo el medre mentres dormes
un xardín fantástico tódalas noites.

1 comentario:

Hara e Kiri. dixo...

Hola Hebdomeros de Leirachá, estamos en Helsinki co noso” helsinki card” para viaxar en autobús, metro e transbordador, queremos despois nuns días achegarnos a San Petersburgo. Estamos a menos dous graos e en calcetíns por que aquí é costume deixalos zapatos na entrada da casa e dentro todo o mundo anda así pois di un dito finlandés “a súa propia casa é tan preciosa como o ouro” é que non fan vida na rúa e moitos en vez de ter casa no campo para ir de vacacións teñen un barco atracado no porto.
Aquí comezan a xornada ás seis ou sete da maña, almorzan ás once ou once e media e rematan ás catro e media ou cinco da tarde, chámanlle horario finlandés , o índice de groseiros é baixo alto ninguén interrompe a quen fala ata que remata de facelo e se non o fai non se fala. É ideal!.
Dende Kauppatori cheirando a arenques unha aperta. VIVA A PRIMAVERA!.