martes, 10 de abril de 2012

vai hora.


non esquezas nunca de pedir un desexo
xa sei que fai falla valor
despois de darlle a sangue ás hienas
se eu fose un home poñería
en orde as cousas nun principio
a choiva ao fin rega ás flores
a terra movese
pero eu esquecín pedir un desexo
non se acaba esta tarde
e tódalas letras que caen sobre min
de quen se vai deste mundo
perdino todo todo
ao parecer antes de contalo
como en siberia fai frío e sentimos
deixalos ósos alí enriba das pedras
quen se queda na outra beira
a marxe desta periferia
e non é capaz de dar un paso
nin adiante ou atrás
nin fuxir de tanta superstición
que se axeonlle diante dun niño de formigas
e ore ore longamente
pois a resignación teceu unha calzada
de estrelas para que outras e outros pasen
mentres eu perdín para sempre un desexo.

3 comentarios:

Arthur. dixo...

It's great!. The first movie soundtrack was this. Than good.

The experimental sound film of William Dickson, in which he intervened playing a violinist, is a short film about 17 seconds, which seeks to exploit the phonograph invented by Thomas Edison. The film consists of the simultaneous filming of a short session of fiddle while two men (presumably fellow Dickson and Edison laboratory) dance merrily to the music, presumably to synchronize or show the picture and sound synchronization. The film in question was shot in 1895 but was not released at the time. Today the image is preserved, though the phonograph cylinder is lost. Between 1904 and 1913 some films were shot with a content argument (Julius Caesar, 1904 is a good example) with the method of the kinetoscope (Kinetophone).
It is wonderful to see this thank you very much.
VERY GOOD BLOG POETIC.

Arthur.

Anónimo dixo...

Eu creo que ese desexo non esta perdido,enton cal e? o desexo que perdiche?????

Anónimo dixo...

Esquecemos de pedir un desexo polos encontros inmortais: picnic, Berobreo, Donón, cachiza, convidadas...

Grazas a ti. Sempre voso. E.T.