luns, 23 de abril de 2012

correctos.


(resistencia pasiva).

non hai un estado perfecto
todo esta por gañar e nada por perder
os xulgados estarán cheos de inocentes
presos da súa propia anguria
trocada a ansia de vivir
pola resignación de padecer tódalas inxustizas
os laicos iran ás sancristías a pedir esmola
e dentro de cada un flotara un peixe morto
nos guetos medraran as almas
que agora están cegas
despois de aceptar a privatización do sol
quen quera actuar que o faga
e deixe morrer o que se condenou así
esta beleza esta consagrada aos que xa non resisten
e aos que a vida se ri diante da súa cara
contra os que se tomaron ao pé da letra
e nos obrigaron a ser correctos
o imposíbel só tarda un pouco máis en vir.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que jrande , que bo e ademais no vo nese que se divisa todo dende arriba. E tarda moito iso do imposíbel?. Dime que non , dime que cada vez somos máis a pesares da privatisasión non do sol senón de nós mesmos. Merda , merda!.
Encántasme e sígote como unha referencia referente.
Caos !.