sábado, 10 de marzo de 2012

méntula.


hai un lugar perdido para ós homes
que é o desexo absoluto e un tempo de misterio
hai unha gran erección que dura eternamente
e rexe o ciclo dos anos dos nacementos
dos coitos pero é secreto
agora como de nenos situámonos detrás dunha porta
escoitando o que non podemos ver
como non se pode vela morte sen morrer
a méntula espida e en repouso convértete nun escravo
do que non es capaz de alcanzar o seu rostro
esperando a vez para entrar
polo guiceiro estreito á inmensidade doutro corpo
que nos leva vantaxe e do que non podemos distinguir
entre o secreto e o éxtase.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas meu. Efemérides Todo.

Anónimo dixo...

El vixia dos xardíns, o pracer está atento ca súa mentula erguida, non baixa a garda e como un ladrón adornado con aromáticas uvas , busca figos cos que saciarse.
TOLA XUVENTUDE!
BENDITO pRIAPO!