domingo, 19 de febreiro de 2012

quizais.


estiven a punto de partir
e o mar entoxábaseme un papel de prata
e no medio del un buraco inmenso
que me producía unha gran impaciencia
un mantel manchado sobre unha mesa
unha mancha de viño tinto nun traxe branco
fíxeche todo o que tiñas que facer
eu fracasei
os gromos queimados polo inverno
cheos de fe
mortos da vida cos ama
non será todo isto o que me salve
ti traendo flores
nos teus brazos
conquistando todo o que te traizoa
sondando o mundo cos seus pétalos
decidindo polo corazón
tan verdadeiro como o ceo
nos soños
renunciar a todo o que quero.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Qué foto tan preciosa!!
es un reflejo de tu alma de niño
son tus brazos los que cargan flores
¿como puede haber fracaso en la dicha de tu estampa, que es el brillo de tu adentro?

Hara e Kiri. dixo...

Que fracaso nin que nada de nada esta que moi ben. E que conquistar todo o que te traizoa . Case nada. Non cambies xamais.

Anónimo dixo...

http://efemeridestodo.blogspot.com/ Nova publicación.