
neste século de prohibicións mantido
deixade que me lamente
de que me serviu vir a el
se no mellor teño que irme.
deixalo todo posto e en orde
os bens todos repartidos
e eu encámbeo co posto
é dicir: co meu pelexo e os meus ósos.
non seria por elo mellor
tirar tódolos males ao inferno
pois que eu saiba
ninguén ven a esta terra
para padecer neste cono.
de sabelo tamén
que as vidas anteriores
pasan factura e imposto
houbera de poder elixir
quedar naquel eterno reino
deixándome durmir.
crédeme se a pesar disto
vos digo que só son feliz
cando non te gardas comigo
e como un caracol te entrego
o meu zume no teu limbo.
así o mundo se presenta
fora de todo acolloe
no que por lei estamos sumidos
un fermoso paraíso
onde tódalas árbores e flores
despréndense das sementes
en círculos para fertilizar outras terras
e a auga das fontes
nos mortais apaga o olvido.
onde todo se pode facer
na mais pensalo
onde non hai ningún color neste lenzo
que poda pintar a soidade e a dor
neste parnaso.
3 comentarios:
cocerXenial.Fantástico!!!!!. que teñas un bo ano. Parabéns.
Querido: Aconsellas por empezar o ano a “Divina Comedia”?. É fascinante pois así parece cando refires: “neste cono, despréndense das sementes en círculos, ou, a auga das fontes apaga o olvido”. (sic), gústame ese dobre significado que fas en Parnaso. Como saberás Dante viaxou ao inferno un venres santo e recorreuno en vinte catro hora. Ese cono invertido ao que ti refíreste non deixa de ser un modo tan esotérico como cabal. .Unha liorta entre a nada e a inmortalidade. Apertas.
Leirachá quiem chama? Es O Xavaliño
Publicar un comentario