luns, 17 de xaneiro de 2011

covardes.


1.

coma obedientes prisioneiros
plantades flores
nos campos ermos
para que as pisen
os que vos alimentan
e abastecen
en vez de ser vos
os vosos propios amos
elexichedes ter moitos
para xamais liberarvos.

non escoitades nin ouvides
só os vosos propios enganos
cada vez que calades
morre con vos a dignidade
cada vez que consentides
sodes de toda inxustiza
os seus cómplices.

non mirades á cara
covardes
pois así nada vos compromete.

dades noxo
deambulando como fantasmas
polas rúas de cangas
estades por todas partes
nin soportades o mal
nin de acadar sodes capaces
o ben que decides soñar.

2.

ei de tirarlle pedras á lúa
para espantar todo este sufrir
mentres as nubes levan
tódolos meus anhelos
a golpes no peito.

escoito voces que veñen de lonxe
cabalgando no vento
son os vosos vendedores
que con eles traen o veleno
que toda ilusión de ser
a podrece.

tan pronto a lúa
me devolva tódalas pedras
que lle tirei
enterrarei baixo elas
toda esperanza
de que tan só unha das vosas flores
medre.

matachedesme tódalas noites
asasinos
o voso traxe de gala
e a morte.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

CUAUNtU AcUJUNAO. tuSI SER GrAnde!

Fino. dixo...

Entre tanto lixo alguen que dí algo. Parabéns.

Anónimo dixo...

Señorito Poeta a que ves aquí con estas queres salvar. A quen queres salvar ? Deixa bobiño deixa que non val , deixao. Que farian os politicos sen cartos e as guerras sen armas e ti e nos.covardes Dixao. DEIXAO. Non toques as PELOTAS .
META.

Louise dixo...

Non lles fagas caso meu ben, dálles que eu te axudo. Dan noxo!.

Anónimo dixo...

Ante todo somos personas con un problema bastante grande,necesitamos ayuda y no que nos rechacen y digan cosas como que damos "noxo" "Covardes" para nada,hay que vivirlo para saber lo que sentimos, lo que queremos, deseamos,etc.Porque si a ti te duele un oido,y a mi nunca me dolio no puedo saber como lo estas pasando realmente, solo imaginarlo.
AYUDA NO RECHAZO.GRACIAS.

Anónimo dixo...

Os traficantes si que son covardes e dan verdadeiro noxo

Anónimo dixo...

Asúsallle eíi... que esta panda de carneiros e cordeiros non teñen outra forma.

E logo, ao fin o entendiches! Mais, aplica o conto meu, fai algo xa, alén disto. Rompe as catro paredes virtuais da computadora, rómpeas!

hai quen é capaz de cruzar un bosque sen topar leña por ningures...

Antónimo Ren.