
as follas das árbores
caen coma suspiros
sobre unha intersección
da mirada dun neno
unha fabula escríbese
dentro dunha noz
en vez de continuala sucesión
dise esperanza
que é un disfrace
que nos poñemos
cada vez que queremos
que volva a memoria
ou ser o que estas sendo
entre as miñas mans
pernocta a mimeses
unha colección de minerais
gravita na miña cabeza
todo parecese
e este misterio nin ao final
se desvela
tráeme flores e cancións
en vez de falsas promesas
quero gatear polo ceo
xa non espero nada da terra
outras festas han de vir
a este desolado hospicio.
caen coma suspiros
sobre unha intersección
da mirada dun neno
unha fabula escríbese
dentro dunha noz
en vez de continuala sucesión
dise esperanza
que é un disfrace
que nos poñemos
cada vez que queremos
que volva a memoria
ou ser o que estas sendo
entre as miñas mans
pernocta a mimeses
unha colección de minerais
gravita na miña cabeza
todo parecese
e este misterio nin ao final
se desvela
tráeme flores e cancións
en vez de falsas promesas
quero gatear polo ceo
xa non espero nada da terra
outras festas han de vir
a este desolado hospicio.
6 comentarios:
Para e paraches dasnos un descanso despois de a ultima enliada . Bo poema e a foto en consonacia. Leirachá es do que non queda!. Saudiña.
Tes moita razón a vida é curta para amar, longa para sufrir, e perfecta para perder o tempo. Apertas.
PARABÉNS.
Parabéns, na memoria os retrincos,
a síntese os fiunchos,
a luze a doce...
Reflectida no conservacionismo, as flores levarei e un viño de xoaniñas,
O tempo recibirei e as luzes, cor,
estralerei.
Para e por ti.
Antónimo e Efemérides.
"PARA" Para quen.....????
Para AALA.
Publicar un comentario