
cando esperto de súpeto
miro preto unha pel de veludo
que se pousa en min
coa súa lingua lambéndome
espesa e mal ulinte
tento escapar ir cara a ventá
descorrer o pano e vela la luz
pero cos seus dentes suxéitame
e non me deixa moverme
tenme alí debaixo dela quedo
as miñas bagoas corren polas súas mans
é a escuridade
de outras escuridades de antano
cada vez máis pesada mais intelixente
sabe en cada momento o que penso
remexe todo o que teño no miolo
entra e sae de min esnaquizándoo todo
viólame, dáme un lapote
cando lle rogo que se marche
prométolle cantarlle unha canción de cuna
para durmila cúspeme nos labres
quere negra e moribunda esmagarme
mordendo e roubándome a alma para ela
para vivir en min ata esgotarme
non ven o soño mentres conto
para que deste pesadelo me libere
as súas mans de xeo apalpan a miña pel
que nunha mortalla convertese
deixa de latir o meu corazón
e caio onde non hai espazo,
nin tempo, nin leito, nin habitación
nin porta nin ventá nin ceo
nin día nin noite
pousase un faisán na ventá e pon un ovo
e ela histérica rise
e eu lle imploro cantarlle unha canción
de cuna para que durma e me deixe
e ela bate en min maltrátame cúspeme
nunha alta torre senta un espectro
e nun ultimo esforzo deste desvelo
escapo e corro cara a porta
e ao outro lado no hall enloitado
topo degoladas tódalas bicicletas
que contei esta noite.
miro preto unha pel de veludo
que se pousa en min
coa súa lingua lambéndome
espesa e mal ulinte
tento escapar ir cara a ventá
descorrer o pano e vela la luz
pero cos seus dentes suxéitame
e non me deixa moverme
tenme alí debaixo dela quedo
as miñas bagoas corren polas súas mans
é a escuridade
de outras escuridades de antano
cada vez máis pesada mais intelixente
sabe en cada momento o que penso
remexe todo o que teño no miolo
entra e sae de min esnaquizándoo todo
viólame, dáme un lapote
cando lle rogo que se marche
prométolle cantarlle unha canción de cuna
para durmila cúspeme nos labres
quere negra e moribunda esmagarme
mordendo e roubándome a alma para ela
para vivir en min ata esgotarme
non ven o soño mentres conto
para que deste pesadelo me libere
as súas mans de xeo apalpan a miña pel
que nunha mortalla convertese
deixa de latir o meu corazón
e caio onde non hai espazo,
nin tempo, nin leito, nin habitación
nin porta nin ventá nin ceo
nin día nin noite
pousase un faisán na ventá e pon un ovo
e ela histérica rise
e eu lle imploro cantarlle unha canción
de cuna para que durma e me deixe
e ela bate en min maltrátame cúspeme
nunha alta torre senta un espectro
e nun ultimo esforzo deste desvelo
escapo e corro cara a porta
e ao outro lado no hall enloitado
topo degoladas tódalas bicicletas
que contei esta noite.
4 comentarios:
Leirachá, adeus.
gonzalo.manolez, tamén coñecido como Efemérides Todo, Anónimo Ren e outros mái, MPG
Sintoio. Recoñezo a miña culpa. E tamén a miña responsabilidade.
R.I.P.
Olá:Non fagas caso ho eu son Efemerides Case Todo (autentico)nada de grafemas nen epitafeos. Xa che digo nen caso. Ah e sije así.
Este insomnio é un soño
É UN SOÑO
que soño
no in soño.
Este no
no leste
no soño.
Efemerides Case Todo. (autentico).
CAMPIÓN!
Tades tolos volos dous?
Boe, nin por molestarme mochacha...
Publicar un comentario