luns, 20 de decembro de 2010

tánatos.


rápido é o teu traballo
cando resistir é todo
para reducir a unha milésima
este tormento.
na túa man a tea acendida
afasta a néboa para vela noite
e sortear cal dos dous
ides a levarme
ninguén morre voluntariamente
se non é nun mesmo
delicado Tánatos
quen pode falar de vitoria
cando resistir é todo
non llo digas a naide
ai algo máis que a unión profana
quen pode pasar por alto
esta chantaxe
como podería ausentarme
considerarme superfluo
esta vergonza a medias,
este medo
non hai ningunha razón
para aceptalo a escuras
o que aparece desaparece
e a fame que devora non sacia
para cometerme a min esta traizón
non teño ningunha certeza
volver ao punto de partida
no meu corpo
onde a sangue imparábel bombea
para ser cazado in fraganti
outra vez condenado e preso
por non pagar esta cuota
as bolboretas tíranse ás chamas
despois de perdido ó método
rápido é o teu traballo,Tánatos
afasta a noite
e déixame velas Moiras
voar polos prados
onde esta perfidia se perde.

4 comentarios:

XANDRO dixo...

O noso Leirachá en estado puro e polo que parece a piques de entrar nun bardo. Coidadiño meu que aínda non é para tomalo asim. Podías poñer algunha que outra separación , tan virxe, tan contumaz, tamén gusta.
Es do que non queda. Parabéns e BO NATAL¡.
X.F.G.

UN dixo...

Boas Festas.Xa era tempo de que volveras, un pouco e danos as uvas. De todo esta é unha elexía. Gústame.
Apertas.

Anónimo dixo...

Leirachá sempre na súa corda. Para ser belo hai que sufrir.

Anónimo dixo...

Todo

Espazo

Reflexo do in-complexo outono. Doto.

Mastigar a manxadoira, mastigar.

Fácil o sinxelo, díficil o que está o porvir.

Filosofía do evidente, inda que nada é. Nada por nada: moito máis.

Efe TD, con amor, cariño e comprensión.

P.D. E xa non facemos nada...