sábado, 27 de novembro de 2010

cada un.


canto para non sentir o tempo
como propio
neste abismo de silencio.

antón, antón, antón pirulero
cada un, cada un, cada un
que atenda ao seu xogo
e o que non o atenda
pagará, pagará unha prenda.

cando a palabra e aínda vacia
non hai revelación neste pacto
todo acontece así
irrompendo a alegría
que anega outros mundos
sentindo ao outro sen normas.

antón, antón, antón pirulero
cada un, cada un, cada un
que atenda ao seu xogo
e o que non o atenda
pagará, pagará unha prenda.

máis esta arquitectura
esta rareza
de vivir debaixo da luz
e deixarlle o camiño aos que veñen
para que todo aconteza.

o que se sinte desvirtuase
polos sentimentos.

esa alegría que constrúe ó mundo,
que move os corpos aletargados
nun estríbillo constante.

antón, antón, antón pirulero
cada un, cada un, cada un
que atenda ao o seu xogo
e o que non o atenda
pagará, pagará unha prenda.

onde senón esta ó núcleo a célula
senón no ritmo
na alegría de cumprir un fin
para unha causa perfecta.

esa alegría que move os corpos
aletargados dos coleópteros
achantados baixo a epiderme das arbores
húmidas da invernía.

nun segredo que só a se mesmos desvelan,
galerías perpendiculares
para enxendrar unha nova vida
debaixo dunha carapa
esta a abraiante beleza
onde a estupidez humana non chega.

antón antón, antón pirulero
cada un, cada un, cada un
que atenda ao seu xogo
e o que non o atenda
pagará, pagará unha prenda.

1 comentario:

Anónimo dixo...

PRECIOSO......DE VERDADE.