sábado, 25 de decembro de 2010

job.


sei declarar acaso o que persigo?
ser un home
sen renunciar a ser home
a pesar de tanto desengano
queda o soño, o delirio
ser comesto polo silencio
non sei pedir iso fano os animais
eu so mendigo o que teño
non pido nada a ninguén
concedo todo favor
cubro a miña desnudez
co esplendor
esta desdita de non ter “ser”
coma ao revés das criaturas
e podo pensar encámbeo
en vislumbrar a conciencia
demasiado humano
para saber que non é unha pregunta
senón unha resposta
sei declaralo que persigo
por que non é o pensamento
é a acción,
a naturalidade da esixencia
do lugar exacto
que non esta no demos
nin nas cláusulas, nin nos teoremas
esta na cesación
de xerar o gratuíto o inhumano,
para aceptarse ser mendigos
con tódolos erros do home no peto.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Moscas carallo paciencia iso si que é. Boísimo POEMA. Asim con maiúsculas. Estas no tempo do trequeletrequele estas no tempo do trequeletra. Parabéns.

Louise dixo...

Entusiasme, abráiasme vólvesme tola, es inaudito, onde estas que te ……………
Puto plano que desgraza vivir entre mortos. Ti resucítasme. Bicos .