xoves, 1 de xullo de 2010

eu digo.


eu digo se o home é unha casa
vaise abaixo co tempo
e as paredes cáense
polos pensamentos prohibidos
polas citas non tidas cun mesmo
se a casa é un home
os seus piares apenas poden
aguantar tanta desidia xunta
enriba dun plano equivocado
feita sobre materiais caducos
e na horta que arrodea
enchida de despropósitos
despois de abonar con sal á terra
nacen froitos cargados de veleno
para logo sen remedio
como un manxar ter que comelos
e nun xardín cheo de bagoas e berros
dan á vida flores en branco e negro
o aire non axuda a respirar
pasa pola ventá
como un afiado coitelo
se o home é unha casa
non hai xesto de contento
nin alegría que levar á boca
o amañecer volvese afónico
e caído este probe teito
non se mira dende abaixo o ceo
mirase provocador o inferno
se a casa é un home
os raios da lus detéñense
antes de chegar á porta, ala ao lonxe.

4 comentarios:

trompeta dixo...

Que atinado e que rico en imaxes os significados que referíame noutro comentario pasado a outro poema teu. PARABENS.

Anónimo dixo...

aiiii ese xardín de bágoas e berros, vellos tempos... vellos...

MPG

Anónimo dixo...

Eu tamen digo e digo que creo entender que vaí por elas.Que vaí por nós. Pois logo eu tamén digo. Deica.

ELISA dixo...

É para meu uma oportunidade lhe dizer a você o muito que gosto seu poesia. É TÃO GRANDE tem tantos significados. Poetas há muitos mas com a profundidade sua acho que com os dedos em media mão podem-se medir. Felicidades.