venres, 30 de xullo de 2010

no súper.


el dille a súa filla na cola do súper
se non seria mellor inventarse
ela contéstalle que vai aprender árabe
non vai ser que un emir
nos ofreza a oportunidade
de voar nunha alfombra
ou abrazar outra fe
a nazón esta en crise
estamos ocupados pola nostalxia
e polos veráns inxustos
os parados parecen noitaregas
pousados na beira rúa
el dille a súa filla
por que non quedou coa súa nai
tendida sobre a almofada
chea de ás de moscas na casa
inventándose
e van pasando as cousas
enriba da cinta
o que cobra é un socrates impasíbel
metendo na bolsa
un paquete de galletas platónicas
un pan aristotélico
unha nova gama de produtos
cosméticos- filosóficos
estamos na cola do súper
servos e indixentes
dioxenes pide esmola na porta
e el dille á súa filla
se non seria mellor inventarse
pero estamos demasiado ocupados
pola nostalxia
e parece a punto de vir o pasado
quen arrisca pouco gaña pouco
a cambio medran as institucións
e as paredes que nos tapan os ollos
parece que fuximos de nos mesmos
cara un paraíso inútil
calándonos tódalas verdades que non dicimos
por exemplo: morran para sempre
as minúsculas esperanzas.

2 comentarios:

UN dixo...

Moi bo meu non sei que dicir que non dixera e penso que todos e todas os que visitamos o teu blogue tampouco......Déixanos así como estraños no “paraíso”. Bendizons meu, esta si que é unha aposta, e ben gañada.

Anónimo dixo...

Parabéns polo voso libro e unha vez máis por este poema QUE CREO ALGO MÁIS . Saudiña.