
a vida ten lugar noutro sitio
fora dos nosos limites
so podemos percibila
cando nos afundimos
a vida é un segredo
é a respiración invidente
sentir a alguén dentro
sen poder afastalo
do espazo vital para un mesmo
a vida so se manifesta
nos sentidos
como pequenas larvas
que nun descoido eclosionan
nunha fráxil folla
en soidade e na diáspora
ao outro lado do mesmo río
a vida nada é nun
se non é no que acontece
unha grande inxustiza
unha realidade inequívoca
a mirada dos mártires dende as cunetas
a cento corenta por hora
nunha estrada de néboa
vivir na hora dun reloxo dun anxo
noutro sitio afundidos
alén dos nosos limites
vendo pasar o tempo suxeitos
soterrando a liberdade dun
nunha caixa baixo terra
esta traxedia é a vida
un gran equivoco
vivir en outro para en segredo
vivir nun mesmo.
fora dos nosos limites
so podemos percibila
cando nos afundimos
a vida é un segredo
é a respiración invidente
sentir a alguén dentro
sen poder afastalo
do espazo vital para un mesmo
a vida so se manifesta
nos sentidos
como pequenas larvas
que nun descoido eclosionan
nunha fráxil folla
en soidade e na diáspora
ao outro lado do mesmo río
a vida nada é nun
se non é no que acontece
unha grande inxustiza
unha realidade inequívoca
a mirada dos mártires dende as cunetas
a cento corenta por hora
nunha estrada de néboa
vivir na hora dun reloxo dun anxo
noutro sitio afundidos
alén dos nosos limites
vendo pasar o tempo suxeitos
soterrando a liberdade dun
nunha caixa baixo terra
esta traxedia é a vida
un gran equivoco
vivir en outro para en segredo
vivir nun mesmo.
7 comentarios:
Sen palabras me deixa o poema e a imaxe. Sorte nese río.
Profundo e bó pa falar da vida e o equivoco.TRAXICO E REAL.Aplauso!.Deica.
Mi mama ia tempo que non viña por aquí, de cando en cando mirábao teu. Pero rapas isto é moitísimo canta letra e canto sentir en un non sei como che ajuanta o corasón con perdón. Alejrome moitísimo do teu traballo e espero que de fame non morras e doutras “cousas” tampouco. T i xa as de saber aínda que eu non te estaría tan sejura.
Unha Admiradora.
Amelita . son Amelita home , ves váiseme a cabesa.
Amelita coma no, sempre mezclando as cousas.De todas maneiras "alegrome" que andes dando guerra.
É o que hai...
É o que hai...
Publicar un comentario