domingo, 24 de maio de 2009

baleiro


non é que eu
desexe que sexa así
este vacio
non é que eu o queira
non é que eu fora
este vacio
nin na súa procura
veu a min
e habitoume
como alguén
que é reencarnado
de súpeto
neste vacio
estou berrando
aínda quedei alí
tendido
co corpo espido
sobre este vacio
que me precipita
cada vez
que son posuído
por el
por este vacio
pola inmensidade
por todo
por nada
polas paredes
dun corpo
que nese momento
vaise
non esta
e caio de novo
neste vacio
tento asirme a ti
e esvaro
voume
non é que o desexe
e sen embargo
volvo a facelo
de novo
outra vez estou nel
neste vacio
que volvose a encher.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Andamos polas avenidas e tropezamos nas siluetas, vacíos que pon a vida... Tentamo reaxir, provamos a cumprir aquilo de non pisar a mesma pedra, de non xogar con lume, de non ollar para outro canto...mais sempre sempre unha area faise un deserto, unha pegada nesa area, unha lagoa... un pesadelo faise realidade e supéraa...

Grazas outra volta. Saúdos e apertas
MPG

Hara y Kiri dixo...

Estamos entusiasmadas .¡DE VERDAD!. Nos toca tan de cerca. Ese vacío tan lleno y tan vacío. Eres UNA MARAVILLA además que seria de un domingo sin ti.
Hara y Kiri.

Anónimo dixo...

Oes ti es adiviño ou que esta a pasar neste blog, a ver se .
Un parao.