
¡polos meus ollos de madeira!
non é certo
que eu fora bipolar
daquela xa existía Bologna
chámome Pinocho
todos coñecédesme
polas mentiras que contaron
de min.
non fun fillo de ministro
tampouco un votante
que nada ten que dicir
fun un producto
da disney e os gobernos
para as mentes reducir,
ocultaron a verdade
sobre min,
vivín xunto a un tal Xeppeto
por debaixo da pobreza
a miña nai “descoñecida”
votaba as cartas e chamábase
“a nena do cabelo azul turquesa”,
a nosa casa nunca chegou
a asistenta social,
eu padecía un trastorno
psicosomático que me provocaba
medramento de nariz,
relacionáronme coa delincuencia,
de consumo de drogas,
de ter os penais,
e de fuxir ao pais
máis fermoso do mundo,
e agora como antes
séguese a pensar na cabeza
e non no estómago
dos que sofren e as pasan negras
e ante este silencio tan obediente
teño que dicirvos
que chámome Pinocho
primeiro aforcáronme
despois fun un producto
da disney e os gobernos
para as mentes reducir
esta é a miña verdadeira historia:
pensar e perigoso.
non é certo
que eu fora bipolar
daquela xa existía Bologna
chámome Pinocho
todos coñecédesme
polas mentiras que contaron
de min.
non fun fillo de ministro
tampouco un votante
que nada ten que dicir
fun un producto
da disney e os gobernos
para as mentes reducir,
ocultaron a verdade
sobre min,
vivín xunto a un tal Xeppeto
por debaixo da pobreza
a miña nai “descoñecida”
votaba as cartas e chamábase
“a nena do cabelo azul turquesa”,
a nosa casa nunca chegou
a asistenta social,
eu padecía un trastorno
psicosomático que me provocaba
medramento de nariz,
relacionáronme coa delincuencia,
de consumo de drogas,
de ter os penais,
e de fuxir ao pais
máis fermoso do mundo,
e agora como antes
séguese a pensar na cabeza
e non no estómago
dos que sofren e as pasan negras
e ante este silencio tan obediente
teño que dicirvos
que chámome Pinocho
primeiro aforcáronme
despois fun un producto
da disney e os gobernos
para as mentes reducir
esta é a miña verdadeira historia:
pensar e perigoso.