mércores, 14 de xaneiro de 2009

grave


dime que somos
menos importantes
co porco celta
cos grelos de Ordes
cas patacas de Coristanco
ou ca cabaza que tódolos días
en procesión
pasean pola televisión
engáname
dime que somos
menos importantes
que un penedo
que temos menos dereitos
ca vaca rubia “do pais”
dimo en baixo
para que non se asuste
quen esta a ler
dime que somos
máis importantes
que ninguén
menos cunha leira
por que ela é
e nós nin somos
dime que a gaita
a toca o de Hamelint
afiada polo estado
e a todos leva a rolos
dime, que quen che di
todo esto
esta moi preocupado
polos que non teñen
nin para pan
nin para leite
nin para ofrecerse un xornal
nin a se mesmos
nin aos seus
dime con outras palabras
que xa non estamos
no feudalismo
no autoritarismo
que as castes morreron
que os señores
cederon os seus pazos
aos menesterosos
dime que Breogán
foi o primeiro en emigrar
e que dende aquela
gardan baixo chave
o seu carné de identidade
engáname
dime que non soñas
con un golpe de sorte
para cambiar este pais.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Home xa non é pa tanto tamén temos saia escocesa galega a 29 euros que faise en Allariz eso si segun o autor non leva calzón só os bailaríns poden levalo, case nada.
Un galego.

Anónimo dixo...

Mira campión esto é que se sae por todos lados xa parece que estamos en campaña ou si con todo e ben certo o que estas a contar.¡ Que carallo!. Que nos digan, que nos digan.
Un parao.

Anónimo dixo...

¿Un giro existencialista? Es curioso que la ausencia de discursos existencialistas radicales en nuestra cultura se debe siempre o casi siempre a lo siguiente: Cada vez que alguien introduce un discurso revolucionario en la sociedad, las clases sociales escogen la parte más conservadora de esa doctrina, la interpretan al revés y concilian con el sujeto teórico o el escritor de ficción. Despolitizan la obra de modo tal que cuando entra en los circuitos de los medios de comunicación o en el sistema escolar y universitario está tan neutralizada que se vuelve inofensiva. Si tal no fuera el caso, es decir, que la obra teórica o de ficción se vuelve irrecuperable política y literariamente, la sociedad entera se ensaña en contra del autor y la obra. El odio que destilan los intelectuales orgánicos y la gente común que disfruta de cierto prestigio social en los medios satanizan lo escrito con más violencia que cuando l la Inquisición, la Revolución francesa o la lucha en contra del comunismo en el mundo occidental. ¡Cuidado!. ¡Cuídate!.
Hara y Kiri.

Anónimo dixo...

Que raro no os fijais hoy Jueves no hay poema, que soledad tan inmensa llena este dia lleno de frio y de lluvia .¿Que sera del autor?. ¿Hara y Kiri tendran razón?.¡Por favor. No!.
Vuelve a nuestro corazón.
La hermana de Prometeo.

Anónimo dixo...

Ten rasón eu non decia nada pero non paro de vela pantalla. ¿Que lle pasaria?. ¿Estara nunha comiseria? Ou o levou preso a juardia sivil.
Máis o penso ocupado pensando en sorprendernos outra ves.
Amelita.

Anónimo dixo...

Quere dicir por causa deste poema por que ai moitas cancelas e pouca liberdade.
Un paro.

Anónimo dixo...

O único que lle pasou ao noso querido autor é que topou traballo de novo...vai labrar montes e coidalos seica... Poida que sega escribindo, pero dende logo, seguro que con menos periodicidade...

Sintoo moito...un saúdo cordial a todos