venres, 28 de marzo de 2025

san fins.


alá enriba en san fins

pasa unha labazada de aire

que manda Céfiro

mentres ollas

un mundo moi pequeno

que decide aproveitar un soprido

para acender cacharelas

fachos que sinalan

lindes parroquiais

ordenados por un díxome-díxome

que parece que non ten fin

abaixo nunha carballeira

o anhelo nada substitúe

e ante a mirada das bestas

median coa escuridade os pais

que levados polos seus fillos

tecen palabras de néboa

ordenadas por un dicidor

ata abandonar as súas entrañas

e ser entre o manto follas

para darlle de manter ás árbores.

 

 

Ningún comentario: