tes que poñerlle un nome,
deus, paz, progreso, un nobre motivo
a liberdade
unha gran mentira
tes que darlle un fin político
para fixar os seus limites e condicións
que a poder ser antes de declarala
xa estes facéndoa
tes que apelar á lei do mercado
gastar as armas existentes
para poder vender outras novas
á guerra tes que poñerlle
unha data de caducidade
antes de que resulte absurda
antes de que resulte allea
tes que cegar ao corazón
para soportar
todos os seus danos colaterais
a brutalidade física e psicolóxica
todos os dereitos humanos
debaixo das montañas de entullo
da industria armamentística
todos os sangues inocentes
para beneficio das elites
xa chega!
desta quietude absoluta
a guerra se mira sen horror
como se non foras con ela
vítima e verdugo
quedan detidos para amedrentarse
séculos e séculos
mirando de fronte outra vez a Aquiles
armado ata os dentes
sen ningún escrúpulo
roubando para el a Briseida
ata cando a guerra e súa insaciable cólera
deshumanizada e de ira chea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario