mércores, 1 de abril de 2020

don Anxo.



reza don Anxo
que polas mañás nos manda
as súas teolóxicas ladaíñas
con read more
que o noso espírito moito agradece
reza don Anxo
que cada tarde despois do aplauso
cos seus pais celebra a eucaristía
na sala de estar
do seu tabernáculo
para este virus espantar
mentres imparte as súas bendicións
por whatsapp
úrxenos a rezar
para que pare todo isto
que esta á freguesía a matar
cada día que pasa hai unha baixa
el fala tamén da outra pandemia
a do amor e solidariedade
mentres o estas pensando
te fai cómplice da súa vida
te esta convidando
ten outro plan para esta tarde
para ti e para quen queira
nesta hora de compendio
se mandas unha petición
a eleva neste altar do Señor
onde os infectados xa teñen rostro
nas oracións de don Anxo
cada un temos o noso sitio
alí na Betania na sala da súa casa
nesta sorte de persoal pregaria.


Ningún comentario: