mércores, 15 de abril de 2020

peste.



neste arquipélago sen corazón
como a peste
cando falas do baleiro
ben vestido e invisíbel
mesmo como a peste
cando non se mira
nos ollos dos outros
para borrar o engano
de ser todo o que non es
por que estas na parte do leito
onde non debes
como se o tempo
chegara ao seu termo
como a peste
nin te does de quen morre
nin de quen se garda do andazo
e falso exclamas que é a resposta
ca natureza nos da
mirando moi ledo dende a túa ventá
como se a terra fora só túa
os eucaliptos que séguenche a medrar
e a fogueira chea de plásticos
e a merda que tes preparada para queimar
por que sabes que nada che vai pasar
e  por que a ti che da a gaña
os teus putañeiros cans roen
como a peste
a beleza de todos os nosos seráns.


Ningún comentario: