xoves, 28 de novembro de 2019

enriqueta.



escriben as pólas das árbores
sobre o vacio
esgrafiando
como puntas prateadas
o ceo
mirábao enriqueta
a ribona de miranda
despois do tempo á forza
no monte e o asombro
a quen lle importa
a prisión
se dentro de si
hai un oco
por onde entra a beleza
“a idea”
e pasmase nun espello
para defendela
inda sendo repudiada
non mudan os tempos
que fan cativos os propósitos
so os humildes
soben e baixan
polas escaleiras do temor
e  pechan os ollos
para sentirse vivos
se estrañan ao mirarse 
e parecen tan pequenos
ata que abren un libro
e constrúen un abismo
cos afasta da ignorancia
enriqueta mestra
pouco deixáronche facer
pola terra chá
co teu carriño arrastras
esgrafían as pólas das árbores
o teu mundo de soños
como puntas prateadas
no ceo
da serra do miradoiro.



Ningún comentario: