venres, 28 de outubro de 2016

nada propio.



a perfección
non é un soño senón unha vida
as miñas riquezas están nas babas
dos caracois
nada superabundante
relegado como tantos outros
a non exercer de nada para o que fun
formado
cuestión de ética
non estar sobre os outros
non gardar nada para un
para alarde dos porcos que medran
á nosa conta nun pais cativiño
que minte aos pobres
e lles malvende unha fábula
para aceptar as súas frustracións
para ver se van morrendo e non molestan
deixa que che conte!
coma un paxaro que se golpea
contra os barrotes da súa gaiola
e ti sabes que isto non é medo
senón desexo
de non esquecelo todo
a alegría compartida se duplica
e se vive na espontaneidade
que sei eu da miña perfección
acaso podo vela
non é algo digno da xente pobre?
votar en menos o que non se ve
mentres pasa por diante esta fábula
malvendida
para comprender ca felicidade abunda
onde  a vida é superabundante
hai unha cousa so no mundo
que non poden arrebatarnos
a perfección
a nosa digna pobreza
vivir sen nada propio
topar o que os demais non poden ver
comer beber e gozar da nada.



Ningún comentario: