sábado, 22 de abril de 2017

jezabel.




no dormitorio apesta a vao
un cheiro a herbas erguese
e no teito forma un ceo de aromas
doce e pestilente
jezabel fala como se estivera soa
tan pouca compaixón
habita na súa estancia
a súa soidade espanta
tantos seres que non podemos ver
morren por esta causa…….
na súa caixa mestura cosméticos
nunha grande depresión de marfil
onde garda unha congregación
de corpos en letargo
esperando espertar
a súper espiritualidade
jezabel adora a baal
e constrúe un xardín
de falsas doutrinas
de homes débiles que temen
a outros homes
que cando nesta travesía
se lles apagan as velas
caen como as bolboretas
nas mans do depredador
para ser gardadas entre as follas
dun libro de arquitectura
para que cando o abra
mentres os homes débiles
temen aos outros homes
consigan voar
nos ollos sidonios de jezabel.



Ningún comentario: