na de eduardo un mediodía de
gaivotas
sobrevoa as nosas cabezas
a vida de moitos esta marcada
pola equivocación
para perdela razón de ser
a vida de moitos esta aínda
por demostrar
mentres esperan
séntense desconsolados
crendo que xa non ai nada
constrúen razóns baseadas en
sentimentos
e verdades únicas
dispostos a defendelas aínda
errados
ata cunha mañá nos sentamos
na terraza dun bar
ese que te pide esmola
ao torcela mesma rúa
ten o seu bmw aparcado
mete o canciño no maleteiro
e colga o crucifixo que leva
no pescozo
no espello retrovisor
se equivocaron
nos equivocaron
para perdela razón de ser
unha pancartiña de cartón non
é suficiente
para imaxinala dor doutro
para comparecernos e
aliviarnos
non sei
que estraña víscera é o
corazón?
na terraza do savoy
a esperanza é unha moeda de
vinte céntimos
que vai sorteándose entre as
mesas
o recordo da felicidade
para pedir sen medo
do que xa non volvera a ser
un caro bmw e un canciño de
pedigree
xa non nos deixamos levar
polas ideas
maldito pensamento! imaxinala
dor allea
na terraza do savoy
nun gran salón na rúa
eduardo desliza as frases a
sorbos curtos
para deixar repousala súa
mirada
como un tempo atrás
con coidado despois de feitas
as illas son crebacabezas de
recordos
que se ensamblan na mesa
sobre o aire que pasa morno
entre o cheiro lonxano da
herba
do fento seco e salgado
do carballo que se aperta con
forza á terra
e berra alto non me cortes
aínda
déixame que creza
déixame namorarme do imposíbel
chegar ao ceo antes de que esvaeza
na terraza do savoy
os nenos xogan alleos
ao sosego dunha fe que atormenta.
1 comentario:
Nice post and thanks for share any way . I want you to visit the link below to get some useful info like BT helpline Customer Care Number
Publicar un comentario