domingo, 6 de xullo de 2014

amañecer.



unha durme vela deixase
nun mexedor
e cada sobresalto
desfai unha madexa de fío
no cerebelo
o ceo é tan grande
que merquei o amañecer
para regalarche todo
o que con el novo nace
quixen traer rosas
deixeinas para os que pasean mortos
os  que lles dan de beber
e os velan para que non caian
de sopor
que logo se enfadan
e non me deixan escribir
que ben deben durmir
e que frescos
o verán parece prometer
un principio infinito
que se disfraza doutra cousa
vaidade
pensei que se ían para sempre
e viven cando soño con eles
para despois irse
sobre as copas das árbores
para no horizonte perderse
ao longo do camiño van cantando
e a caricia do aire
emborracha os meus ouvidos
ensanchando o bosque
deixando un espazo no medio
para unha vez morto o día
xemendo a noite tinguirse de dolo
para mercar o amañecer de novo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Fetichismo ou captura imaxinaria que so é descifrable traducida en símbolo ?.
O estudo sobre a fotografía de Roland Barthes ilustra moi adecuadamente esta trama de perforacións ilusionais dende unha perspectiva inversa. A condición fetichista, é o contrario do “punctus”, ese área “intratable” do “o real” que Roland Barthes detecta nas fotografías. Sobre o “Studium”, que é o plexo de convencións visuais compartidas, o “Punctum” según Barthes incorpora un buraco imprevisto dende a realidade. De maneira sumaria podíamos dicir que é a realidade o a pulsión que atravesa a cultura, anque tamén o faga mediante un código. O rasgo fetichista é a súa inversa, sobre a pobre realidade do outro incorpora un punto de exaltación narcisista, unha clave que non nega a castración pero suxire parcialmente a ilusión. A condición fetichista non impide os límites pero xera a fantasía de totalidade, plenitude, inmortalidade amorosa, pola hipersignificación ilusional da beleza o da perfección pasional. Nesa “condición fetichista” é negada parcialmente a diferenza sexual e xeracional, é negada parcialmente a realidade, cuia aceptación da paso á cultura, á cadea de sustitucións simbólicas que derivan da perda fálica. Pero estos rasgos teñen incorporada tamén unha dimensión cultural, un código compartido, porque a “condición fetichista” non é o rechazo central da psicosis, nin a negación bizarra da perversión, senón a aceptación dunha representación que cubre parcialmente unha carencia. Por elo tamén alí transcurre a historia e a cultura: e a versión atenuada e aceptada do fetichismo. Obrigado.