Representación do cotidian, o anónimo, o que queda entre liñas. A poética das cousas pequenas que conforman os mundos que habitamos, nomear o pequeno para velo grande na súa xusta medida e o concreto como universal.
A necesidade de volver crer en nos, empregalos nomes axeitados, dende o silenzo, deletreando cos labres ata quedar mudo, como si non lle importara a ninguén. Para soster entre os dentes a única patria que non é outra ca infancia. Ao fin sexa.
repudialarazón das falacias a
vontade vive dentro da loita que
emoción ten máis dereito que outra neste
tedio que é escribir ata
que chegue o soño e
cando é así cando acontece tópate
espido liberado das ideas borracho
de remexer na alma tanta espera con
xorda muda e desesperada calma de tódalas
cousas que veñen de fora deixando
so apuntes físicos que se foron diluídos
nos anímicos pensamentos para
crear novas emocións o
desexo de baixalo telón e cambiar de escena un
tempo sen tempo para vivir a soidade
bailando na lingua dunha vela aspirar
o amargor de tanta dozura de
todo o que non logramos coñecer e
produce un culto descrido final
do camiño para voltar a túa habitación e
sucar o planisferio nun teito escunchado esta esgotadora fatiga doce
amargor do que non logramos coñecer perseguir
e vagabundear neste final do camiño para
non desfacer este ensoño da
necesidade maldita de escribir.
cando de neno enterrei a frase sen embargo esforzábame por falar mais alto co vento pero o vento non falaba queixábase e devolvíameun
sopro xeado os días eran longos para adiviñar as verdades ocultas das cousas e os homes facían alfabetos coas pedras as bolboretas de filigrana e prata voabana redor da
luz da estancia e as súas miradas humanas se acendían mentres eu acariñaba os seus abdomes unha noite en vela era como terminar unha paxina escrita nun soño para non volver acordala mellor é chorar por que se foron tódolos seres amados que sufrir o que detestas de algo que non conclúe sen embargo.
esquecín o que tiña que dicir para cando me poña enfermo ti nonfarías o mesmo? os praceres fáciles flotan no universo nun ceo de migas de pan polo que paseamos nunha calesa tirada por cabalos de marino marini ata a hora da cea para despois xogar coas estrelas non teño nada particular que dicir máis que desexaría poñer en orde ao descoñecido que corta a herba do meu xardín polo que van dous nenos da mandándose un bico de futuro e aínda conservan, certa inquietude si maduran en min os teus proxectos e a man da imbecilidade non os podrece dille el ao ouvido dela xa é tarde abaixo da herba canta o desexo de matar ao xardineiro.
O verdadeiro ben reside no amor de algo que é eterno e inmutable. E ese algo non é nunca fonte de tristura, nin de perigo, nin de sufrimento, senón de ledicia .
Spinoza.