Representación do cotidian, o anónimo, o que queda entre liñas. A poética das cousas pequenas que conforman os mundos que habitamos, nomear o pequeno para velo grande na súa xusta medida e o concreto como universal.
A necesidade de volver crer en nos, empregalos nomes axeitados, dende o silenzo, deletreando cos labres ata quedar mudo, como si non lle importara a ninguén. Para soster entre os dentes a única patria que non é outra ca infancia. Ao fin sexa.
oin moito falar de
vos tanto como pensar que vos coñezo unha irónica mirada para deixarme desconcertado gañachedes un
round e senteime como se me deranunha labazada pero esta noite non teño outra saída prefiro non coñecervos non armar escándalo por respecto ás habitacións do lado por desprezo ao voso egoísmo unha devoción absurda quen traballa quen tece por beneficio da humanidade non sodes vos máis ca filosofía máis ca arte a ciencia a literatura pero non sabemos apreciar isto aliviades as
miserias para que non aia xustiza para ninguén por que non ai bases sólidas nos equivocamos de camiño oin falar moito de vos alégrome de non coñecervos débiles raquíticos inválidos feroces ferventes da relixión católica.
nada remata todo continua a dor é antes co gozo cando non postra de todo así é que nada escapa ao seu destino neste desvelo todo o que seduce sen desmaio amo a inquietude infinita embriágame como un viño perfecto mentres lembro días pasados alí no desexo de algo esta a vida e a felicidade esta tan preto que nunca, nunca a alcanzaremos como buscala dita unha e outra vez sen entendela soñar é esquecer que se esta só venero o silencio sobre o meu pensamento de todo o que crin que era meu en fin no fin quero mirar todo aquilo que antes me mirou a min.
pecharse
no corpo soamente alongar
esta dor deixar
de contemplar á soidade e
aínda así a vida fora non é tan violenta facer
da alma unha hospede de
varias vidas a
inmensidade da tenrura nunha
caricia inmaterial nun soño lixeiro multiplicalas
emocións e aínda
así a vida fora non é tan violenta ala
arriba palidecen as estrelas o
tempo te persegue aquí abaixo deixei
de durmir despois
de ter cumpridas as tarefas e de
escoitalos himnos nocturnos deixei
de ser dono de min para
abrila porta a unha hipótese a
verdadeé múltiple pero
a imaxinación émáis poderosa e
aínda así aí fora a vida non é tan violenta.
O verdadeiro ben reside no amor de algo que é eterno e inmutable. E ese algo non é nunca fonte de tristura, nin de perigo, nin de sufrimento, senón de ledicia .
Spinoza.