martes, 30 de abril de 2013

une goutte encore.



durmo  diante dunha ventá negra
o teu regalo último
e esperto diante da mesma ventá
non menosprezo o valor
do teu exercito
nin adoezo a túa condena cara min
pero…………… non hai quen interceda
ningunha parte da túa mente
podería entendelo?
a culpa tena a crise!
todo seria moito mais sinxelo
a miña saúde empeorou notablemente
meu espírito foise de vacacións
e deixoume o seu número de móbil
enriba da mesiña de noite
esta fora de cobertura non contesta
non chama tampouco
tan acompañados parece que estamos
como deben de ser os derradeiros
días por vivir cando se sabe que
cando se sufre é cando todo volve a un.



3 comentarios:

Anónimo dixo...

Que negro!. Moi negro. Que negro porvir , que certo “tan acompañados que estamos” e….

Anónimo dixo...

Atrapo oa teus versos e fágonos meus.
Eu tiña tamén una ventá dende onde podía ver o mar profundo tras uns ollos verdes e a miña tornouse negra tamén.
O meu carón unha parede .
O silenzo da noite calma como amigo e a escuridade como compañeira.
¿ seremos compañeiros na soedade?

Anónimo dixo...

"Chaque fleur a son goutte de bureau, chaque fleur sa parfum, chaqueherbe sa secret vertu."