domingo, 14 de abril de 2013

papaventos. (para tí).


a esperanza vacila nela
para voar cara novos firmamentos
onde non hai espera
e suficientes forzas para falar
o mundo material remata no fío que a sostén
alimentadas de palabras
por riba da realidade tomando tódalas cousas
tódalas cousas da nosa paciencia
voando superiores as cabeleiras
tirando o seu alento dos nosos dedos
nosa civilización nosa cultura continua no pasado
e nos xogamos como papaventos
sobre un libro
no que nada se pode escribir
cantas veces pensei en converter
os farrapos sen ideais sen sorrisos sen beleza
en fíos que o vento desfaga
e suspendidos e caídos
podan servirlles aos paxaros para os seus niños
so as ideas permanecen
merecen ser salvadas de tódolos soños póstumos
un rinoceronte na praia leva nunha man
un papaventos e na outra a unha nena
os pasos dos dous pola area
van erguendo pedras preciosas
son o reflexo do firmamento que non vemos
dos brelos de tódalas estrelas
que desafian como os papaventos
aos seus ollos dende ala enriba do ceo.

 

 

 

 

5 comentarios:

Para ti. dixo...

La cometa es una niña de viento que desde el cielo enseña a un niño a volar en los espacios del suelo.
Desde la cima de una montaña, sobre la arena de una playa, se puede lanzar un sueño que se hace diminuto en el cielo.
Tan solo necesita de las caricias del viento y de alguien que desde abajo impulsa su imaginacion.

Anónimo dixo...

Para ti?. Xa xa. Laranxas da China mandarina. É para min. Ou acaso non miras.
Pón para ti. Se pon para ti é que é para min.
Esta claro non te parece?. Vamos!. Ata ai podiamos chejar.

Anónimo dixo...

En que quedamos. Eres min? Ou eres ti?

Anónimo dixo...

Eu sempre supen dende o primeiro verso que ningún era para min. Ainda que sempre pensei que algo merecía .
Deben de ser cousas do reparto non equitativo

Para mi dixo...

Entonces: quién es "ti"? demasiada gente parece ser "ti". y seguro que "ti", al final, ni está aquí.