domingo, 10 de marzo de 2013

mágoa.


agora que estamos máis sos
podemos ditarnos os soños
nun deserto de “todo o que puidemos facer”
un espellismo no que saciala sede
despois de abandonar o obxecto do desexo
é importante topar un método
eu non estou aquí senón é por ela
por esta anguria que faime morrer
para volver a confiar outra  vez
e canto máis a afasto
máis preto de min se topa
non me vou deste lugar senón é  por ela
todo o que podía facer
o escribín no teito nesta noite en branco
desprezando todo o que os demais admiran.

 

3 comentarios:

Anónimo dixo...

¿ Y si durmieras? ¿Y si en tu sueño soñaras? ¿Y si soñaras que ibas al cielo y alli recogias una extraña y hermosa flor? ¿ Y si cuando despertaras tuvieras la flor en tu mano? -Entonces seria que puedes llegar a sentir desaparecer la frontera entre sueño y realidad.

Mephisto. dixo...

A o fío deste comentario que antecede a este, parece incidir sobre a importancia dos sentimentos e a liberdade, logo esta máis que claro que refírese ao movemento romántico que si ben tivo moita forza na Alemaña , neste caso cita ao romanticismo inglés.
Sen embargo collo a Novalis quen foi quen de dicir : “o mundo se converte en soño, o soño en mundo”. Este autor como é sabido escribiu a novela medieval inacabada “ Heinrich von ofterdingen” , que conta a historia de Heinrich que busca unha flor azul que un día veu no seu soño e dende aquela sempre buscou.
Os románticos sentíanse atraídos pola:
Natureza.
As culturas lonxanas. (Oriente).
A noite
O amañecer
Os tempos pasados
As vellas ruínas
O sobrenatural
A que te soa?. Saúde e obrigado.

Anónimo dixo...

Hoxe é o día da POESIA. Feliz día da poesía!. Feliz día poeta!.