luns, 23 de abril de 2012

correctos.


(resistencia pasiva).

non hai un estado perfecto
todo esta por gañar e nada por perder
os xulgados estarán cheos de inocentes
presos da súa propia anguria
trocada a ansia de vivir
pola resignación de padecer tódalas inxustizas
os laicos iran ás sancristías a pedir esmola
e dentro de cada un flotara un peixe morto
nos guetos medraran as almas
que agora están cegas
despois de aceptar a privatización do sol
quen quera actuar que o faga
e deixe morrer o que se condenou así
esta beleza esta consagrada aos que xa non resisten
e aos que a vida se ri diante da súa cara
contra os que se tomaron ao pé da letra
e nos obrigaron a ser correctos
o imposíbel só tarda un pouco máis en vir.

martes, 10 de abril de 2012

vai hora.


non esquezas nunca de pedir un desexo
xa sei que fai falla valor
despois de darlle a sangue ás hienas
se eu fose un home poñería
en orde as cousas nun principio
a choiva ao fin rega ás flores
a terra movese
pero eu esquecín pedir un desexo
non se acaba esta tarde
e tódalas letras que caen sobre min
de quen se vai deste mundo
perdino todo todo
ao parecer antes de contalo
como en siberia fai frío e sentimos
deixalos ósos alí enriba das pedras
quen se queda na outra beira
a marxe desta periferia
e non é capaz de dar un paso
nin adiante ou atrás
nin fuxir de tanta superstición
que se axeonlle diante dun niño de formigas
e ore ore longamente
pois a resignación teceu unha calzada
de estrelas para que outras e outros pasen
mentres eu perdín para sempre un desexo.

domingo, 1 de abril de 2012

primavera.


hai musica nela e peixes nadando
enriba das follas perennes
o salitre pousado na pel
para levalo á boca e
ir chuchando aos poucos
tecer catro letras coas pólas das árbores
que saen no medio do salón
ou irse ao ceo un instante
e deixar este mundo
de efectos dramáticos
e despois de volta amosando as chaves
preguntarte a cal deles queres ir
os ceos son azuis
coma as princesas azuis todo o ano
ninguén debe dubidar ao respecto
que as alfombras voan
e que os paxaros poden vivir
nalgúns vestidos bordados
ou que o tellado da casa é un verso
“o meu único desexo”
é que baixo el medre mentres dormes
un xardín fantástico tódalas noites.