luns, 16 de xaneiro de 2012

vontade.


nunca usei unha palabra para fecundala
pois tiñamos o mesmo léxico
eu recorrín tódalas contrariedades
e unha cómica timidez sen fin
pousada enriba dunha cornixa
caída chea de asombro
inxustamente como unha dubida
ti tes o que é meu iso é seguro
pero quero esquecelo
para que isto dure aínda moito máis
terme así latindo insistente
enriba dos piñóns desta roda
que por natureza
nos resistimos a que nos arrole
baixo esta corrente reaccionaria
ti tes o que é teu iso é seguro
protestas un pouco e logo te resignas
cambias un sentido común
por outro sentido común
créndoo cunha mirada fiable.

1 comentario:

Alguén que pasa por aquí. dixo...

. Unha cuestión persoal de vontade. Fecundala, cómica timidez, asombro, dubida….. mirada fiable.
Dúas veces morre o que á vontade doutro morre.
Sénica.