venres, 9 de decembro de 2011

tódolos nomes seguidos.

tódolos nomes seguidos
coma un pérfido soño
partín de alí e funme
con tódalas estrelas da noite
no peto
e unha soa intención
dicir tódolos nomes seguidos
en voz alta
como se non lembrara
o nome das flores
o nome das cores
das plumas das perdices
aplastadas entre as chumbeiras
para pasar desapercibidas
de sabuesos e cazadores
a miña gorxa secase de pensar
coa pel bordada nunha vela
dun barco ao norte ondeando
en tódolos nomes
e volvo a dicilo outra vez
fondamente ferido
socorro !
un galo canta no inferno
o sol mutila de luz
as sombras dos asasinos
de segundos de minutos de días
de semanas de meses de anos
seguidos.                     

2 comentarios:

:) dixo...

Todos os nomes. Bardo, coplero, poeta, rapsodo, trobador, vate, aedo, recitador, adiviño e vaticinador. VATICINADOR.

Anónimo dixo...

Felicitacións .
Paréceme boísimo o teu blog paréceme boísimo o teu vídeo sede paréceme boísimo todo isto e quixera saber si vas volver recitar en publico por que tamén parécesme moi bo, imprevisíbel nada común. UN SALVAXE ENCANTADOR.
Salutacións. (Se che digo o meu nome non vale non seria hipnos non seria escuridade ). Unha aperta forte.