domingo, 18 de decembro de 2011

crepúsculo.

estou fatigado
de repetila lección e mal
a causa da miña neglixencia
medrei así entre el e a miseria
ocultando tódalas delicias
estou fatigado de repetila lección
debera de aprender
a abotoar os botóns
sei de todo isto polos retratos
que miran con ansia de chorar
sen saber de que se trata
eu non son semellante a nada
seino a forza de escribilo
no peito dos floreiros
sen ningún esforzo so pensándoo
o céspede é cada vez
máis artificial
ti fuches ao ceo e vólveche
para ver nacer as rosas en decembro
sempre se ama a quen non se esquece
a quen alimenta unha boa mañá
despois dunha noite
chea de paxaros na cabeza
a quen enche de música tanto silencio
a quen endereza fíos para facer un pano
cheo de recordos
estou fatigado
de durante séculos facer o amor
en cada partícula de aire
para parir unha mirada nova
chea de significados novos
chorei para compartilo prezo
de tanta soidade
e beber o resplandor da luz dunha vela
para deitarme á beira da miña pel
neste crepúsculo
que non o podo compartir con nadie.

6 comentarios:

UN. dixo...

Presunción da inocencia evocación a esa cousa chamada soidade meditación introspectiva nunha paisaxe de penar. De modo que a pesar de todo seguir vivindo?.

Anónimo dixo...

Acordamonos dos demais cando estan a pasar por algo moi similar? Ou soio nos damos conta cando nos pasa nos?

Anónimo dixo...

Quiero desearte una FELIZ NAVIDAD, que acabes el año bien y que el 2012 sea todo lo mejor posible, que sigas escribiendo y haciendo un montón de cosas.!Ah¡ y portate bien.

:) dixo...

BON NADAL!. Phermoso!.

Jandri dixo...

Noraboa polo teu blog,gústanme moito os teus poemas

Jandri dixo...

son Alejandra, irmá de Sergio.
onde se vota?.