sábado, 5 de novembro de 2011

un día.



miña nai e eu debuxabamos
torres de castelos inclinadas
nas nosas mans frías
e alongabamos os brazos
que parecían non ter fin
para coller o sol que se escapaba
nas mañás de engano
de outono
para enfocalos seus ollos
cheos de segredos
deixando caer as silabas
dos seus labres na alfombra
cando facía que non sabia
continuar
eu insistente lle pedía
que me dixera algo
e ela me dicía
se eu puidera atrapalo
cho diría
mama abría tódolos caixóns
do seu corpo
para enchelos de estrelas de paso
e sempre se esquecía de cerralos
hai algo de nubes ai dentro
e unha choiva maina
eu lle daba papeis escritos
que ela non lía
por que tódalas palabras que necesitaba
non estaban alí
e eu non era capaz de topalas
mentres ela me dicía
como unha estrela fugaz
que cae antes de pedir un desexo
eu cho diría.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Que bo e fermoso para unha nai e que vida tan curiosa a do seu fillo que tanto abre a curiosidade. Fantastic!.

UN. dixo...

A túa nai?. Os meus respectos. Unha aperta.

Anónimo dixo...

mama: se puidera eu che daríao sol, a lúa es as estrelas.....

Anónimo dixo...

Todo un....."detallazo".Mereces o sol, a lúa e as estrelas, ainda que penso que ti eres un sol,unha lúa,e unha estrela, para sempre pero non coma sempre.