mércores, 16 de setembro de 2009

píus


amar é
cumprir os meus deberes
cos deuses
deste lugar antigo
honrado servidor
humano e piadoso
expiados os pecados
amor e deber
sempre enfrontados
nunha conducta
xa extinguida
¡piedade!
inspiración civilizada
lonxe da devoción
eu veneraba
ao meu pai
e el engañabame
dicía que o ceo
era unha invención
que en realidade
era o vapor dos soños
que non se chegaban realizar
avanzando no espacio
que amar é
cumprir os meus deberes
cos deuses
que a misericordia
é compadecerse
das miserias alleas
pero tamén
o puñal que da
o golpe de graza ao inimigo
un bico carnívoro
a invisibilidade
que produce o amor
como un deus
que desesperado
e fora de si
berra ¡piedade!
buscando o ventre materno
sabendo que despois
de saír del
para posúelo todo
e imposíbel volver.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Verdadeiramente grande marabilloso esta capacidade de facer crible que nos os lectores entremos polo aro asumindo como verdadeiro o que ti sentiches. Grande moi grande.

Anónimo dixo...

cando amo sinto, e cando sinto latexo,tremo,río,gozo,..caeme a baba de bobalicona.
loubo os deuses,amo os humanos, reconciliome ca terra.

Cando non amo, vomito no viño, arrastrome como un verme, envenénome ca lingua.
piso aos deuses,boto sal sobre as colleitas. arrastro os meus intestinos, como o meu figado. pero sobre todo cágome nos deuses.
¡ME CAGO EN LOS PUTOS DIOSES!

Anónimo dixo...

o amor é un círculo, a figura xeométrica perfecta. sempre volve o punto de partida, sempre fai o mesmo recorrido, sempre é igual unha ronda infinita que estamos condeados a fager unha e outa vez, como o asno e a súa cenoria. Sempre esperando encontrala, sempre fuxindo, sempre tan cerca, sempre tan lonxe.

Anónimo dixo...

PRIMEIRA PARTE: a puta e o efebo

Ela desexaba ser a elexida dos deuses, a rencarnación da terra, a puta virxinal do templo, a deusa madre. queria ser para el a muller , e todas as mulleres.Volver a sorbelo no seu
útero,el seriano todo,ela seríano todo.
SEGUNDA PARTE:
pero...os sentimentos son afeccións e basta unha afección mais forte para obrigar a desaparecer a primeira afección. ou ainda algo peor a loita de afeccións con intensidades similares....cecais a regra de tres como di o noso autor.
DESENLACE:
As afeccións pertuban, son adictivas, estimulantes, enerxéticas, consumidoras de enerxía e tremendamente xuveniles. Voltamos a ser xoven. O amor é a mais intensa de todas as afeccións, unha das drogas naturais mais estimulantes, tamén mais desvastadora , a quen se cruce no seu camiño lévano por diante, non hai piedade para o intruso. Só existe a paixón , e o ser amado, o resto desaparece, difuminse, é pero non é. Cae a brétema sobre o resto, chega o amor que todo o cega, todo o consume, todo o queima


e volve a muller a considererse deusa, puta , nai....a intentar sorber no seu útero a esencia do amor e retornar o xénesis

Amelita dixo...

Filliño eu que ti antes de que sexa tarde poñería unha ponte de prata, sabes o que quero dicir. Non o vas facer, pénsao aínda que non o fajas.

Anónimo dixo...

Te van a castigar los Dioses y mandar a Hades como a Tántalo hijo de Zeus y una mortal, era el preferido de los dioses, le dejaban escuchar las conversaciones de los dioses y comer con ellos, como si él también fuera un dios.
Tántalo hizo matar a su hijo Pélope y lo descuartizó y en la cena se lo dio a comer a los dioses, para que se volvieran antropófagos sin darse cuenta. Los dioses sospecharon y ninguno quiso probar, sino la diosa Ceres, que estaba muy triste y distraída porque le habían robado la hija, y se comió un pedazo de hombro.
De inmediato apareció la parca Cloto y le rezó una oración a la cena y el niño Pélope fue resucitando, pero le faltaba un hombro, y Cloto se lo pusó de marfil.
A Tántalo lo mandaron los dioses para el Hades y el castigo fue meterlo en un charco que le llegaba hasta la nuca, y al sentirse sediento se acercaba a tomar agua, pero el charco se iba secando hasta quedar en un arenero. También le acosaba el hambre y encima de él, habían varios árboles llenos de frutas provocativas y cuando las iba a coger llegaba un ventarrón y elevaba sus ramas donde él no alcanzara. Y así se la pasaba.
Asimismo, sentía un miedo horrible de morirse y encima de él había una piedra inmensa que parecía que se le iba a venir encima, pero nunca se caía.
Te van a castigar los Dioses por jugar con su ira por no temerlos y no darte cuenta de que eres Mortal.

Anónimo dixo...

Bravissimo. Tem de fazer-lhe saudades imaginativas e críveis coma dim per ai riba.

MPG