domingo, 6 de setembro de 2009

inútil


a poesía non vale para nada
é inútil, inocua
non serve nin para
santificalas horas
a poesía non vale para nada
por que é o berro
desgarrado da alma
do que padece
no nigredo
do que prefire suplicar
coas palabras
e as entrelaza
para salvándose a si
salvar ao que lee
a poesía é inútil
por que é
falar, dicir, pensar,
supoñer, querer,
tentar que sexa,
non serve tampouco
por que de nada serve
poñer as vísceras
enriba da mesa
nin collelo corazón
e ofrecelo como
se fora unha cirola
a poesía é inocua
por que a dor e a felicidade
son privadas
por que se fala máis de un
e non do que se habita
a poesía é inútil
mentres
non nos aceptemos
non nos ofrezamos
non nos realicemos
e non sexamos
por eso a poesía
é cada vez máis inútil
máis necesaria
por que esta cencenada
secuestrada por uns poucos
a servicio dos de sempre
dos que falan do abstracto
e chámanlle con outros nomes
ás verdades
ata confundilas
coa estupidez
non sexa que teña
un erro estético
que non sexa correcta
que non serva
para entreter o ágape
sen ofender
sen facer pensar
sen dala
como unha espada
desenvaiñada
para acometer
ser ferido e poder ferir
para ser morto e fecundado
a poesía é inútil
non vale para nada
ofrece o sacrificio
que un cre posuír
a cambio de nada
a poesía é inútil
por iso tan necesaria .

3 comentarios:

Hara y Kiri dixo...

Muy bien razonada aun que la duda es.
¿Sirve para algo por que no sirve para nada? O es inútil sin más o tampoco……..

Anónimo dixo...

Inútil?. Inútil?. Penso que é máis o contrario, soamente por refrescala memoria, por transmitir emocións, por non sei ....moitas cousas é verdade que é tan necesaria ou chamariámoslle con outro nome para dicilo mesmo. Necesaria , tan necesaria.

Anónimo dixo...

Estou de acordo talmente inútil, vamos inutilisima e é por iso que tan útil unha e outra ue penso é ao que estas a referirte.
¿Quedou ben?.