luns, 10 de agosto de 2009

simil


cando apunto
co dedo índice
á miña sen
e logo premo o gatillo
co polgar
falezo
caio redondo
e todo o que posuía
falece comigo
é tan triste
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
para ir ao carallo
non sei onde é
tampouco teño
por que sabelo
cando premo o gatillo
co dedo polgar
esvaecese todo
e morro estrañado
ao meu redor
xurde un charco
de escarcha e xeo
para logo
irme ao ceo
que tampouco sei
onde carallo esta
cando apunto
co dedo índice
á miña sen
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
penso si verdadeiramente
pasei á outra vida
o só mudei
do sobresalto inicial
para estrañamente refuxiarme
na necesidade inmediata
de falecer
non é por covardía
é tan sinxelo
como apuntar
co dedo índice
á túa sen
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
vaste ao carallo
para volver
a vivir outra vez
non, non é igual
pero é unha maneira
de morrer
como outra calquera
de esnaquizar
todo o que non podemos ser
e de actualizala lei da gravidade
cando achego
o fío do dedo índice
e o apoio firmemente
na miña sen
¡bang!, ¡bang!, ¡bang!,
asegúrome que a recamara
esta chea
que é imposíbel errar
para non ter que vivir outra vez
nesta pena.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Bang. Bang.¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ e morte ás penas. Increible só co deco indice.

Hara y Kiri dixo...

¡No dejes de sorprendernos!.Por favor.

Anónimo dixo...

dinos tan sequera ónde carallo es

Anónimo dixo...

Creo que xa e hora dunha vez que escomezes a re-VIVIR.
E fine o teu dedo índice de apuntarte e apuntar as nosas vidas lamentando o que non poidemos ser e o que somos.
Somos a nosa vida e a nosa vida somos nos olvidar isto si que é matarnos en vida.

5