mércores, 28 de maio de 2025

nomealos.


 

o tempo te leva a onde non queres

e como se un golpe punzante

te dera no peito

agarraras entre dous dedos

a túa mínima vida

nunha tarde mediocre

no inferno

un mundo que bocexa

mentres ves a morte en directo

e optas por consumir

para esquecelo 

sobor de todo o presente

sen nomealo

cun ricto feliz simpático sincero

alén da verdade

para seguir a deambular polo bordo

da ventá da túa conciencia

e si foras alguén

que puidera cambialo todo

ou polo menos ás vítimas

polos seus xenocidas

no tempo que agarras

a túa mínima vida

entre os teus dous dedos.

 

 

Ningún comentario: