benditas as capas de po
que
se pousan enriba das agullas
e
desaceleran o tic tac
para
apresurar
os
presentimentos escondidos
debaixo
das pedras
nada
pode ser tan conmovedor
como
os acentos cascabeleiros
dun
péndulo vacilante
para
refacer un reloxo
de
madeira sempiterna
mentres
a terra se para un momento
para
que poda existir de contado
un
descoñecido
que
montado nunha roda cadrada
se
desprace ao longo deste texto
por
que ti o moves ao lelo
grazas
a manter este desvarío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario