xoves, 28 de agosto de 2014

a violenta razón do orgullo.


na hora do solpor
a porta da casa se abriu
para deixar entrar aos nenos
que viñan da escola
e logo pechábase
para que non entrara co aire
o meigallo
e poder erguerse antes do amañecer
cando o galo cantaba
despois de mirar dende a xanela
a faciana da aldea
citábame coa xeada
ao outro lado da casa
instruínme en literaturas mortas
e busquei coma un indixente
tódalas amizades que non topei
en troques
so conservo un ancora tatuada
unha noite no meu brazo
despois de regalar o meu barco
e saír ebrio na procura do sol
que quecía a pel
que asomaba dende os buracos
da miña vella blusa
a violenta razón do orgullo.




3 comentarios:

Anónimo dixo...

Era hora. Cada vez mais tarde cada vez mais fondo e violento orgullo. Boa singradura, pola ancora digo. Apertas.

Anónimo dixo...

eu coñecin tamén a un mariñeiro ca súa áncora tatuada. Decìama ó oido :Ti eres a miña serea e eu son o teu capitán.
pero xa sabedes como é a historia dos mariñeiros , os amores , os portos, os cantos de sereas.....dende aquela polas miñas venas corre salitre e añoro a ancla tatuada e os ollos verdes cando camiño polos portos

Anónimo dixo...

No dejes nunca que ni el orgullo, ni nada, ni siquiera nadie, haga que te olvides de esas "PERSONAS" que aun en la distancia , estan a tu lado.
Ya que quizas el dia que tu las recuerdes sea tarde.

Llevalas tatuadas como ese, "Ancora"