Representación do cotidian, o anónimo, o que queda entre liñas. A poética das cousas pequenas que conforman os mundos que habitamos, nomear o pequeno para velo grande na súa xusta medida e o concreto como universal.
A necesidade de volver crer en nos, empregalos nomes axeitados, dende o silenzo, deletreando cos labres ata quedar mudo, como si non lle importara a ninguén. Para soster entre os dentes a única patria que non é outra ca infancia. Ao fin sexa.
eme aquí non adoro imaxes deste culto austero mais que a razón que adoezo que a sen razón repudio quen perverte? quen excita ao espírito? a carne mentres o corazón durme cando estamos preto da felicidade pasamos por ela sen acadala durmidos nun berro de dor é goce sen reloxos eterno ata cando sen sentila ao meu lado divididos nun enigma en falsa calma como a razón durmida idos como os xoves
lampiños que despois das súas chaladuras temen os pequenos buracos da noite e como covardes vanse bébedose dóciles ala cando os dedos se enlacen e os corazóns confiados se escoiten e cheguemos ao bico sen temer que o amor nos distraia escoitaremos de verdade á alma.
acórdaste? cando a marea anegaba o delantal unha mañá calquera afogando as dubidas entre grans de sal e dende abaixo do val subía Venus a saudarteantes de marchar e a herba era un mar violeta so quefaceres domésticos contemplando como un faro acendía as luces sobre a mesa mentres ordenabas a roupa a túa memoria dispersa pasada e antiga movía as ramas o perfume húmido que esperta en outono o ir e vir dos príncipes encantados como nun ensoño acórdaste da risa columpiandose nos teus labres fogar leite e pan quente todo gardado na alma e a paz do sol bicando a ventá afastando as nubes da cociña soprando mentres eu te escribo este poema para non deixar de velo faro acordándome que sobre túa mesa as luces acende.
non importa para ser sublime deitalo corpo nas escarpas do
cilicio ou pasar fame ata o éxtase por fervor durmir un soño que antollase divino pouco importa o orgullo para embriagarse das perdas pois as ganancias leváronas para as súas diásporas a ninguén perturba esta proba
soberana para saberse puro basta un dia a soas corpo a corpo apalpando tanta nobreza dunha vida tan elevada, que digo! alta moi alta tanto que naide lle chega mellor seria cortarlle as ás máis sabendo ca vida lles repugna mellor desbrozalas ideas todas ata chegar ao mineral é dicir ata o autoanális
O verdadeiro ben reside no amor de algo que é eterno e inmutable. E ese algo non é nunca fonte de tristura, nin de perigo, nin de sufrimento, senón de ledicia .
Spinoza.