
é o máis precioso que teño
unha canción na memoria
que bailan aos equinodermos
no fondo do mar
cando a tátareo
arrastro tódalas horas perdidas
se contorsiona dentro de min
o recordo
xa é tarde
un paxaro leva a última consigna
no seu peteiro
unha tormenta varea as mazás
que penduran das nubes
e caen sobre esta bufarda
se tivera que facer un sacrificio
colgaría á modestia nunha cadeira
o futuro non vai agradecelo
perdeuse toda esperanza
de salvar aos náufragos xa afundidos.
4 comentarios:
Quando vengo qui intorno sempre un piacere guardare mi che un bel posto per i miei sensi. Il lucernario tra il mare che affronta una barca instancabile. Cosa si può volere. Salute.
Como se nota esa vena , ti es artista surtidor de imaxes pictórico plásticas ensonacións. Viñamos por aquí máis a miúdo pero non digas que non isto estaba abandonado. Cansazo?. Desilusión?. E non deixa de ser non deixas de ser unha encantadora sorpresa. Chaus. Felis Vrán.
Podesme decir cal e esa cancion???
Esperanza..Nin asnos quedan. Poeta es un poeta. Viva a nai que te pariu!. Sempre ai.
Publicar un comentario