martes, 25 de xaneiro de 2011

para.



as follas das árbores
caen coma suspiros
sobre unha intersección
da mirada dun neno
unha fabula escríbese
dentro dunha noz
en vez de continuala sucesión
dise esperanza
que é un disfrace
que nos poñemos
cada vez que queremos
que volva a memoria
ou ser o que estas sendo
entre as miñas mans
pernocta a mimeses
unha colección de minerais
gravita na miña cabeza
todo parecese
e este misterio nin ao final
se desvela
tráeme flores e cancións
en vez de falsas promesas
quero gatear polo ceo
xa non espero nada da terra
outras festas han de vir
a este desolado hospicio.

luns, 17 de xaneiro de 2011

covardes.


1.

coma obedientes prisioneiros
plantades flores
nos campos ermos
para que as pisen
os que vos alimentan
e abastecen
en vez de ser vos
os vosos propios amos
elexichedes ter moitos
para xamais liberarvos.

non escoitades nin ouvides
só os vosos propios enganos
cada vez que calades
morre con vos a dignidade
cada vez que consentides
sodes de toda inxustiza
os seus cómplices.

non mirades á cara
covardes
pois así nada vos compromete.

dades noxo
deambulando como fantasmas
polas rúas de cangas
estades por todas partes
nin soportades o mal
nin de acadar sodes capaces
o ben que decides soñar.

2.

ei de tirarlle pedras á lúa
para espantar todo este sufrir
mentres as nubes levan
tódolos meus anhelos
a golpes no peito.

escoito voces que veñen de lonxe
cabalgando no vento
son os vosos vendedores
que con eles traen o veleno
que toda ilusión de ser
a podrece.

tan pronto a lúa
me devolva tódalas pedras
que lle tirei
enterrarei baixo elas
toda esperanza
de que tan só unha das vosas flores
medre.

matachedesme tódalas noites
asasinos
o voso traxe de gala
e a morte.

martes, 11 de xaneiro de 2011

así o mundo.



neste século de prohibicións mantido
deixade que me lamente
de que me serviu vir a el
se no mellor teño que irme.

deixalo todo posto e en orde
os bens todos repartidos
e eu encámbeo co posto
é dicir: co meu pelexo e os meus ósos.

non seria por elo mellor
tirar tódolos males ao inferno
pois que eu saiba
ninguén ven a esta terra
para padecer neste cono.

de sabelo tamén
que as vidas anteriores
pasan factura e imposto
houbera de poder elixir
quedar naquel eterno reino
deixándome durmir.

crédeme se a pesar disto
vos digo que só son feliz
cando non te gardas comigo
e como un caracol te entrego
o meu zume no teu limbo.

así o mundo se presenta
fora de todo acolloe
no que por lei estamos sumidos
un fermoso paraíso
onde tódalas árbores e flores
despréndense das sementes
en círculos para fertilizar outras terras
e a auga das fontes
nos mortais apaga o olvido.

onde todo se pode facer
na mais pensalo
onde non hai ningún color neste lenzo
que poda pintar a soidade e a dor
neste parnaso.