luns, 20 de setembro de 2010

culpa.


son un simple condenado
unha arbore torta sen enderezo
unha boca cerrada
pola que non entran as moscas
e toda a culpa
como razón para sobrevivir
fixen algunha promesa
pero querendo ser licito
encadeoume o esquecemento
e déixeme da felicidade
de tratar aos demais como iguais
non me laio
condenado pola culpa
do que xa non doe
e saíu da miña memoria
compro e vendo o esforzo
algo tan antigo
como coller e agarrar
como o ollo e a man do ser humano
estou condenado á mala conciencia
ao pracer da persecución
que volve todo instinto cara dentro
e contra un mesmo
ti que me ofreciches unha flor sanguenta
para amainala sede da miña loucura
e pousaches nos meus labres
esta desfigurada beleza
agora canto maior é a miña débeda
tanto máis e o poder dos deuses
é tan grande a miña inocencia
que so pola dor volvo á memoria
e deixo intimidarme por ela.

mércores, 15 de setembro de 2010

ala vai.

pasado mañá presentamos libro en vigo.

martes, 14 de setembro de 2010

anónimo dixo....


Nada novo, que afogo!
na nada novo, sen alento,
nada sen tormentos,
nada meu, nada, non facemos nada,
sen nada que facer nada que dicir
sen nada máis que criticar
e nada mal e nada ben
e nada que o torrente flúe
e nada, eu morrín, xa non son
e nada, desaparecín, do redor
e nada, que tal?
e nada, non estarei
e nada, meu rei
e nada, sen nada, para nada por nada digo eu que debo felicitarte polo teu tesón, xa non temos nada.

Asdo.: Efemérides Todo
12 de septiembre de 2010 10:14
(aparecido neste blog o día e data enriba sinalados).

xoves, 9 de setembro de 2010

eu.

eu.

agora chego antes ao traballo

cobro menos

estou hipotecado

síntome temeroso

adaptado ás adversidades

descontento

espoliado por outros

alleos

paciente

coa conciencia amortizada

pola frustración

inútil

encho botes valeiros

de REALIDADE

e mordo o corazón

para non atragantarme.